Castelao. Chama e alento incesante
AA.VV.
Gallec

Sinopsi Castelao. Chama e alento incesante

È innegábel -nun marco sistémico de desatención oficial da Historia da Galiza e das súas moi diversas manifestacións- que a ignorancia, a manipulación e o desprezo sobre todo o que representa Castelao se teñen conformado como unha tríade perversa que impide o coñecemento real e efectivo da súa figura e da súa obra, de valor incuestionábel e moi representativas do mellor que deu a Galiza na política, na arte e na literatura nunha etapa tan crucial da nosa historia como foi a primeira metade do século XX. De aí a importancia deste libro colectivo, que ten como finalidade guiarnos polo camiño do coñecemento sobre o que Castelao é e sobre o que Castelao foi, tomando como punto de partida o que el mesmo deixou por escrito no seu Sempre en Galiza, a nosa fonte principal e directa de coñecemento para tales efectos. E facemos este camiño da man sabia e xenerosa de persoas cuxas colaboracións teñen en común servir, con eficacia, a desfacer a tríade perversa e a revelar o potencial do exemplo e do pensamento de Castelao para reforzar no presente a dignidade colectiva do pobo galego e para construír a Galiza libre do futuro.
EAN
9791399039009
Editorial
Any d'edició
2025
Pàgines
300
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
215
Ample
150
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres