Manual de Lingua Galega I
Granxa González, Xosé Antón;Méndez Álvarez, María Xesús
Gallec

Sinopsi Manual de Lingua Galega I

O libro estructúrase en seis apartados: I. Fonética e ortografía; II. Determinantes e outras categorías gramaticais; III. O pronome persoal; IV. O verbo; V. Actividades de corrección; VI.Tests gramaticais e léxicosOs catro primeiros conforman o corpo central da obra e divídense en varias unidades que se abren cunha concisa pero exhaustiva explicación teórica dos contidos tratados en cada unha delas. " Fonética e ortografía " consta de 12 unidades onde se estudian, entre outros aspectos, o vocalismo tónico e átono (diferencia entre vocais tónicas abertas e fechadas, fenómenos antietimolóxicos), a transcrición fonética e fonolóxica (arquifonemas vocálicos e consonánticos), a ortografía e a acentuación." Determinantes e outras categorías gramaticais " tamén está dividida en 12 unidades nas que se tratan as contraccións con determinantes, o artigo, o xénero e o número, os identificadores e cuantificadores, a interxección e a preposición, ou contidos máis específicos, como as características propias da afirmación e a negación en galego ou o uso da preposición a con complemento directo.O apartado de " O pronome persoal " (8 unidades) ocúpase do uso do dativo e o acusativo, das construccións reflexivas, da colocación do pronome e da contracción da preposición co pronome." O verbo " é un apartado dividido en 12 unidades, onde se analizan as excepcións á concordancia entre verbo e suxeito, o futuro de subxuntivo, o infinitivo conxugado, o xerundio, o participio, a conxugación verbal, algunhas construccións verbais incorrectas, as perífrases verbais, etc.
EAN
9788483028285
Editorial
Any d'edició
2002
Pàgines
216
Idioma
Gallec
Col·lecció
CONSULTA MANUAIS
Alt
300
Ample
200
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres