Música da nosa terra
Feijoo, Manuel
Música da nosa terra
Música da nosa terra Feijoo, Manuel

Sinopsi Música da nosa terra

O título deste volume da obra musical do Padre Manuel Feijoo non se debe de entender de ningún modo en sentido exclusivo e unicamente axeitado ás pezas que nel se inclúen. Ben certo é que toda a obra do compositor galegofranciscano de Ourense foi e continuará a ser, débese dicir, unha longa e ampla fita sonora de canto vive e rebule ó longo e ó ancho do noso bosque animado e no centro do Fogar de Breogán de todos nós. Oávolume de recopilación vai gloriosamente e fundamentalmente artellado polos textos duns autores clásicos, que sen eles parece como que Galicia non existiría nos ámbitos da cultura e que na estructura e plan do libro aparecen dispostos en orde simétrica á propia biografía do compositor: nado en Ourense, formado en Herbón-Padrón ûterras do Ulla e Rosalíaû, peregrino acougado en Santiago, viaxeiro de equipaxe musical pola España e Europa, de cote rezador de plegarias, amigo de moitos e de todos, e que morreu só cando no bico se lle puxo o cantar preciso do seu propio Adiós, miña terra.á Mesmo as fotografías que aparecen no libro, unha cousa engadida á outra, poderán axudar a maxinarmos e darnos conta dunha posible e mellor idea de quén poido ter sido Manuel Feijoo: o músico da nosa terra, este músico de Galicia.
EAN
9788494585616
Any d'edició
2018
Pàgines
192
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
320
Ample
240
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres