O camiño de Nós
Pardo Bedia, Xavier
Gallec

Sinopsi O camiño de Nós

O 8 de xullo do 1926 un grupo de peregrinos saen de Ourense camiño de Compostela. Equipados con trípodes, cámaras fotográficas e un barómetro altimétrico, saen explorar unha ruta sagrada, van facendo camiño entrementres andan. Desa viaxe, Xavier Pardo Bedia publicou unhas luminosas crónicas, publicadas no seu tempo nas páxinas d?A Nosa Terra, e que agora se converten en libro.

Amais do autor fixeron aquela peregrinaxe Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Afonso Vázquez Monxardín, Lois Feixoo, Florentino López Cuevillas e Antón Sánchez. Sete galeguistas que descubriron coas botas nos pés, o seu propio país. Un traxecto espiritual, simbólico e fundamental para a identidade galega. Mais tamén un camiño material que percorreu as parroquias e lugares dos concellos de Ourense, Amoeiro, Maside, O Carballiño, O Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra, Teo e Santiago de Compostela, deixándonos estampas de sublime beleza.

O Camiño de Nós brilla hoxe en día e por iso esta edición das crónicas de Xavier Pardo Bedia se completa cos traballos gráficos do fotógrafo Xulio Gil e da ilustradora Isabell Seidel.
EAN
9788412132465
Any d'edició
2020
Pàgines
152
Enquadernació
Tapa dura
Idioma
Gallec
Col·lecció
SIN COLECCION
Alt
200
Ample
210
Otros lectores lo han calificado con
Deixa’ns la teva opinió
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres