Synopsis A morte en Venecia
A morte en Venecia, maxistralmente transformada en filme por Luchino Visconti, é sen dúbida unha das iconas culturais dos nosos tempos. Quen penetre no universo desta pequena xoia xamais poderá pasear polas ruelas da cidade insular sen lembrar vivamente a tráxica sorte de Aschenbach e sen que na súa cabeza resoen os ecos do adagietto da Sinfonía núm. 5 de Mahler.