https://www.imosver.com/en/libros/cartas-no-exilio-00104398810010439881Cartas no exilio5.27Moitas son as persoas que fixeron posible esta edición. A primeira, por suposto, María Casares, por conservar estas cartas, e con elas, parte da nosa memoria; Véronique Charrier, directora da Maison dhttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788496/978849689385.jpgLibrosLibros/NARRATIVASin stock temporalmenteBAIA000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788496/978849689385.jpgMID0002032001019214600101170135.5550.282008/01/019788496893856Lopo, MaríaLibrosaño_2008idioma_GalicianGformato_No definidoautor_Lopo, Maríasaga_RETALLOS NOSA HISTORIA
Artículo
Cartas no exilio
Lopo María
BAIA
NARRATIVA
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Gestionar preferencias de cookies
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Moitas son as persoas que fixeron posible esta edición. A primeira, por suposto, María Casares, por conservar estas cartas, e con elas, parte da nosa memoria; Véronique Charrier, directora da Maison du Comédien Maria Casarès e legataria desta correspondencia, por preservala e transmitila, decidindo a súa conservación e facilitando a súa consulta; María Esther Varela Casares, que nos deu unha autorización eticamente importante para Véronique Charrier e para min mesma; María Teresa Dolley, xefa do servizo de biblioteca do IMEC, a súa profesionalidade e a súa calidade humana favoreceron e facilitaron a realización desta investigación. E por suposto a Concellería de Cultura e Museos Científicos do Concello da Coruña na persoa da súa responsable, María Xosé Bravo San José, e Baía Edicións, por aceptar e levar a bo porto este proxecto. A edición dunha correspondencia contén moi diversos e variados traballos de investigación, que se adaptan mellor ao traballo en equipo que ao individual. Desde os inicios deste proxecto, na primavera de 2003, varias persoas implicáronse nel, desde a paixón investigadora e a xenerosidade do saber; considéroos coautores do mellor que este libro poida conter, asumindo por suposto, como exclusivamente meus, todos os erros, carencias e imperfección do resultado final. Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e Santiago Lopo achegaron a ilusión imprescindible e colaboraron comigo en diferentes momentos do proceso, tanto a nivel do seu deseño teórico como da súa realización práctica: na localización dos documentos, na consulta dos inventarios, na elaboración de listados, na transcrición dos orixinais, nas traducións desta obra chea das linguas todas do exilio. Tamén quero citar aquí a Ana María García Collazo, a Tania Lamas e a Dionisio Pereira, que coa mesma ilusión achegaron datos do saber das súas áreas. Mais o maior dos agradecementos vai, por suposto, para esas voces do exilio que o vento da vida e da historia espallou polo mundo. Por todo o que delas se aprende ao escoitar, ao ler con emoción e admiración os seus vívidos testemuños de loita e de derrota, de dignidade, de confianza no futuro e na humanidade; unhas voces das que apenas conservamos ás veces máis ca unhas iniciais ilexibles, ou un anónimo enderezo nunha provincia francesa que xa non existe na administración territorial. As nosas voces. Abrir unha tras outra as caixas da nosa memoria na nave central dunha renovada abadía normanda, e comprobar que nela segue zoando o vento, mostra que o máis improbable azar é sempre necesario e que todos os lugares fan o noso lugar, o lugar do noso exilio.