Laxeiro por si mesmo
Reigosa, Carlos G.
Galician
Galician

Synopsis Laxeiro por si mesmo

Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o "eu" primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamén sobre a pintura, o seu desafío radical. Laxeiro por si mesmo, nu diante do espello, espontáneo e vital, sen disfraces... Iso contén este libro. Ben seguro, cando Laxeiro ollou por primeira vez o Pórtico da Gloria, a súa alma e a do Mestre Mateo xuntáronse nalgún recuncho do Marquesado da Romea e comezaron o seu parrafeo creativo, frutífero e se cadra interminable. Naceu así o pintor máis intuitivo, enérxico, axitador, libre e rebuldeiro da xeración de Os Renovadores da Vangarda Histórica galega. Rebelde contra as tradicións localistas, Laxeiro converteuse no rexo forxador dunha estética granítica, sempre fiel ás raíces, pero tamén en profundo diálogo coas vangardas pictóricas internacionais. Deste xeito puido ser -e foino- un proteico revitalizador dos mitos galegos (na liña de Valle-Inclán e de Cunqueiro), cunha expresión artística enxebre e universal á vez.Pintor de vigorosa ollada atlántica,, nunca deixou de buscar dentro del a autenticidade que distingue ós grandes creadores. Por iso, como ben escribiu X. Antón Castro, Laxeiro é "un dos pintores máis significativos e innovadores da España dos últimos setenta anos". Algo que ninguén discute no centenario do seu nacemento. Laxeiro por si mesmo, inclúe a conversa que aínda permanecía inédita realizada por Carlos G. Reigosa, tres epílogos sobre o xenial pintor de Botos preparados por X. Antón Castro e os pintores Antón Patiño e Leopoldo Nóvoa, ademais de sesenta e catro páxinas a cor que constitúen tanto un percorrido fotobiográfico como unha escolma da súa obra pictórica.
EAN
9788497829403
Editorial
Year of edition
2008
pages
272
Binding
Tapa blanda o Bolsillo
Idiom
Galician
Collection
CRONICA
High
241
Width
168
Otros lectores lo han calificado con
Share your feedback
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres