https://www.imosver.com/en/libros/o-home-de-pau-31003900693100390069O home de pau13.3Xosé Neira Vilas, escritor de recoñecido prestixio, dende que en 1961 publicara Memorias dun neno labrego, e autor dunha extensa obra literaria que abrangue dende a prosa narrativa, a poesía, a outroshttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302357.jpgLibrosLibros/LITERATURASin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302357.jpg0010561630CIM0031192001042728800104139811450.79788483023570Neira Vilas, XoséLibrosidioma_GalicianGautor_Neira Vilas, Xosésaga_NARRATIVA
Artículo
O home de pau
Neira Vilas Xosé
XERAIS
LITERATURA
Cookie Notice
We use cookies to ensure you get the best experience on our website.
Read cookie policy.
Gestionar preferencias de cookies
This type of cookie allows the user to browse a website, platform, or application and to use the different options or services that exist on it.
imosverlaravel_session
Description
This cookie is necessary for the website to function and cannot be disabled in our systems.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
imosver.com
OCT8NE
Description
This cookie is used for the proper functioning of the Oct8ne Chat to provide customer support service to the user.
These are those that enable the tracking and analysis of user behavior on our website. The information collected is used to measure user activity on the website and to create user browsing profiles.
_clsk
Description
It records statistical data about the visitor's behavior on the website. This is used for internal analysis by the website operator.
Duration
1 year
Dependencies
_clsk,MUID,_clck
Domain
logglytrackingsession
Description
Identifies and records the user session for analytical purposes.
Duration
Sesión
Dependencies
Domain
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Description
Records a unique identifier that is used to generate statistical data about how the visitor uses the website.
Duration
1 year
Dependencies
Domain
.imosver.com
These are the ones that allow us to adapt the navigation on our website to your preferences (e.g., language, browser used, etc.).
_fbp
Description
Used by Facebook to offer a series of advertising products, such as real-time bids from third-party advertisers.
Xosé Neira Vilas, escritor de recoñecido prestixio, dende que en 1961 publicara Memorias dun neno labrego, e autor dunha extensa obra literaria que abrangue dende a prosa narrativa, a poesía, a outros textos de investigación ou testemuña, incorpórase ó catálogo da colección "Narrativa" de Xerais cun fermoso libro de relatos O home de pau. Os quince contos que compoñen O home de pau ("O home de pau", "Coches", "Unto", "Casa", "O parvo", "Alameda", "O xigante Med", "Folga", "Papeis", "Babel S.A.", "Fumes", "Decibelios", "Cadelandia", "Anuncios" e "Reloxos") foron escritos ó longo do ano 1988 en La Habana cando Xosé Neira Vilas era xefe de redacción da revista infantil Zunzún. Foron reescritas en Galicia, no inverno de 1993 e recuperados na súa versión definitiva no comezo do presente ano.A pretensión de Neira Vilas con tales fabulacións é reflexionar sobre o previsible destino das cidades actuais e das xentes que nelas moran. Quince historias urbanas, que son outras tantas alegorías sobre algunhas das eivas crónicas que padecen tódalas cidades do noso tempo. Cidades concibidas como labirintos de arames, signos, letreiros, fochas e moreas de entullo entre os que resoan frenlas de motores, bruídos de camións-matafogos e dos outros, laios de lixeiros coches policias, ou de ambulancias que roñan agoirentas para gañarlle unha carreira á morte. Cidades nas que viven homes de pau, chantados na esquina de entrerrúas, vendo e non vendo todo o que acontece. Cidades que medran ceo arriba e beira a beira, con tropezos e miserias eito, nas que cadaquén vai ocupando a súa cova, o seu tobo. Cidades nas que foron a menos o aire e a luz e a ledicia de vivir.A súa complexa brevidade, a prosa limpa e depurada, a investigación léxica sorprendente, o experimentalismo alegórico na construcción das tramas, apoiado no expresionismo das magníficas ilustracións de Siro López, fan de O home de pau, unha das máis orixinais e valiosas aportacións dun dos clásicos da narrativa galega.