https://www.imosver.com/es/libros/musica-de-nadal-00105329950010532995Música de Nadal33.25Manuel Feijoo, o autor das partituras desta Música de Nadal, está estos días celebrando aló no Alén, logo de sentar entre os músicos do Pórtico da Gloria as bodas de ouro da data na que el, co seu Orfhttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788494/978849410079.jpgLibrosLibros/NARRATIVASin stock temporalmenteARMONIA UNIVERSAL000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788494/978849410079.jpg00105329943551.752016/05/019788494100796Feijoo, ManuelLibrosaño_2016idioma_GallegoGformato_Tapa duraautor_Feijoo, Manuelsaga_SIN COLECCION
Este tipo de cookies permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan.
imosverlaravel_session
Descripción
Esta cookie es necesaria para que el sitio web funcione y no se pueden desactivar en nuestros sistemas
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descripción
Esta cookie se utiliza para el correcto funcionamiento del Chat de Oct8ne para prestar el servicio de atención al cliente al usuario
Son aquéllas que posibilitan el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página. La información recogida se utiliza para la medición de la actividad de los usuarios en la web y la elaboración de perfiles de navegación de los usuarios.
_clsk
Descripción
Registra datos estadísticos del comportamiento del visitante en la web. Esto se utiliza para análisis internos por el operador de la web
Duración
1 año
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descripción
Identifica y registra la sesión del usuario con fines analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripción
Registra una identificación única que se utiliza para generar datos estadísticos acerca de cómo utiliza el visitante el sitio web.
Duración
1 año
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquellas que nos permiten adaptar la navegación en nuestra página web a sus preferencias (Ej. Idioma, navegador utilizado, …etc)
_fbp
Descripción
Utilizado por Facebook para ofrecer una serie de productos publicitarios, como ofertas en tiempo real de terceros anunciantes.
Manuel Feijoo, o autor das partituras desta Música de Nadal, está estos días celebrando aló no Alén, logo de sentar entre os músicos do Pórtico da Gloria as bodas de ouro da data na que el, co seu Orfeón Terra a Nosa, se puxera de longo no mundo musical aquela noite do 24 de Nadal do ano 1966, cando apareceu na pantalla de rtve entrando nas ceas de Noieteboa de moitas casas e familias co agasallo das primeiras panxoliñas da súa propia man: intérpretes e composicións. Manuel Feijoo viñera facendo música sobre pentagramas secretos de moito tempo atrás. Agora, logo desta data, comezaba a romper os currunchos e agochos ocultos do seu convento franciscano e aquela riqueza persoal fíxose de goce e dominio público ó tempo que ía aumentar de vez o seu fervor, teima e obra compositivos ate contar no seu opus artístico nadaleiro con máis de 40 títulos. Este opus completo do ciclo de Nadal aparece hoxe aquí, compilado neste libro. Ó compositor e mestre Manuel Feijoo a prensa da Bretaña Francesa, logo da súa actuación no Festival Intercéltico de Lorient de 1982, chamáralle o franciscano de Galicia, e no seguinte Festival de Música Celta de Ortigueira foi alcumado o franciscano galego de Ourense polos medios da nosa terra. Logo, ou ó mesmo tempo, sempre co seu Orfeón, seguiron as xiras nacionais e internacionais do evanxelio nadaleiro feijoniano: Lisboa, Coimbra, Oporto (1982); Alemania (1973) e Austria (1979) con actuacións en Essen, Colonia, Munich e Salzburgo; París, Versalles, Amsterdam, Bruxelas (1975); Londres (1975), Roma (1975 e 1983), Arxentina, Uruguay, Chile e Venezuela (1991). Desde o primeiro día, en todo Galicia. Foi entón cando el, a súa música e a súa coral foran cosiderados nos ambientes e nos recintos dos melómanos e público en xeral como a embaixada dos cantores do Nadal. Daquela a música de Nadal de Manuel Feijoo soa e resoa no ar da Europa Central, da Europa Mediterránea, das Illas Británicas e máis aló do Atlántico. A partir de hoxe, coa publicación deste novo volume no que aparecen publicadas, amáis das súas famosas panxoliñas coa letra de Torre Enciso, moitas outras partituras pouco e menos coñecidas ou prácticamente inéditas, xa non queda o gran retablo do Nadal de Feijoo tan só nas ás do ar, senón tamén e definitivamente fixadas no seguro e ventaxoso ferro da memoria do documento público escrito e publicado.