Un polbo xigante
Casares, Carlos
Gallego

Sinopsis Un polbo xigante

Este relato de Carlos Casares reúne moitas características que fan os seus textos inconfundibles e que lle valeron o aprecio de miles de persoas dentro e fóra de Galicia. Con esta historia graciosa e á vez simbólica do mundo da beiramar, con ilustracións de Enjamio, chíscanos un ollo, entretennos, divírtenos e dános que pensar, botando man do mellorciño da nosa tradición oral. E a historia dun rapaz que un día ve como un polbo xigante arrastra o criado Nicolás para baixo do mar, levándoo, polo que parece, canda si para sempre. E é tamén a historia da vella Delfina, que di que o pillabán do Nicolás só foi a unha festa, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado de polbo. Pero as aparencias enganan -ou non, que nunca se sabe- e o desenlace sorprende. En resumidas contas, eis un libro como unha xoia ou, mellor, como unha comida saborosa, completa, pero lixeira e dixestiva.
EAN
9788482883878
Editorial
Páginas
36
Encuadernación
Tapa dura
Idioma
Gallego
Colección
SIN COLECCION
Alto
200
Ancho
160
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres