A fraga dos teixos
Salvadores Cobas, Xosé
Galicien

Synopsis A fraga dos teixos

«Deixar cartos para os herdeiros é unha vulgaridade; eu pretendo deixar un bosque de teixos. Un teixegal, porque o teixo é unha das árbores no noso país que máis axuda precisan, porque é deixar biodiversidade que tanto necesita a nosa Terra e o planeta, porque é deixar saúde, porque o que eu poida adiantar plantando é gañar tempo que non se pode comprar nin con todo o ouro do mundo, porque é deixar vida, porque quero que a miña obra dure centos de anos, tantos como vida ten un teixo; porque quero corrixir algo da miña pegada ecolóxica e devolver á terra o que ela me deu, e porque me peta.» Eis a crónica persoal e apaixonada de Xosé Salvadores de un ano de traballo para restaurar a biodiversidade en 14 ferrados de monte inzados de eucaliptos, nun Caderno de campo que ben pode ser lido como unha amena guía de fauna e flora da Galiza e, especificamente, da Mariña. Mais tamén como un convite para actuarmos en defensa da natureza e do noso medio tan agredido. Mesmo como un exemplo do que pode ser feito con vontade individual e, sobre todo, con planificación institucional e esforzo colectivo.
EAN
9788412593976
Éditorial
Année d'édition
2025
pages
124
langage
Galicien
nº colección
1
Collection
Cadernos de campo
Haute
210
Largeur
140
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres