A idade da inocencia
Wharton, Edith
Galicien

Synopsis A idade da inocencia

A obra, coeditada por Sotelo Blanco Edicións e o Servizo Galego de Igualdade, forma parte da colección "As Letras das Mulleres" e o seu obxectivo é o de divulgar obras fundamentais de autoría feminina, tanto de ficción como ensaísticas, e fomentar o recoñecmento do labor intelectual co que as mulleres teñen contribuído á cultura universal ao longo da Historia. Edith Wharton (1862-1937) Foi unha muller que viviu a cabalo entre dous séuculos. No século XIX, as mulleres que pertencían á clase alta neoiorquina non recibían unha educación formal. Cómpre dicir que ter veleidades intelectuais estaba moi mal visto, pois podía supoñer que unha muller non atopase un bo marido. Edith Wharton triunfou no século XX, converteuse nunha muller empresaria de éxito e nunha heroína pola súa implicación na axuda aos refuxiados e ás vítimas da Primeira Guerra Mundial. Divorciouse e enfrontouse á súa familia e á sociedade para defender os seus dereitos e, malia todo, non quixo que a cualificasen como feminista. A idade da inocencia entra de cheo nesta sociedade na que naceu e que tan ben soubo retratar Wharton.
EAN
9788478245864
Éditorial
Année d'édition
2009
pages
506
langage
Galicien
Collection
MULLERES
Haute
300
Largeur
200
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres