A paixón de Alexandra
Ricardo Trigo, Xulio
Galicien

Synopsis A paixón de Alexandra

Alexandra é unha rapaza de primeiro de Bacharelato a quen lle gusta moito a lectura e a música da cantante islandesa Bj"rk, afeccións nas que atopa no seu cuarto os seus mellores aliados á hora de construír un mundo paralelo onde vivir. A amizade con Eva, unha compañeira de clase que arrastra un pasado difícil, levaráa a descubrir en Internet a páxina de bookcrossing, un espazo web de persoas que liberan libros para que outras os atopen. Alexandra e Eva entrarán en contacto cun misterioso personaxe que, despois de anuncialo na rede, abandona nos cafés libros da poeta arxentina Alejandra Pizarnik. A lectura desta autora muda a maneira de ver as cousas de Alexandra que, mentres investiga a verdadeira identidade do personaxe, irá descubrindo os segredos da súa nova amiga. A paixón de Alexandra do escritor catalán, nacido en Betanzos, Xulio Ricardo Trigo, é unha historia emocionante que nos fala dos misterios que todos levamos dentro e de como podemos compartir con outras persoas as paixóns máis secretas.
EAN
9788499140834
Éditorial
Année d'édition
2010
pages
144
langage
Galicien
Collection
FORA DE XOGO
Haute
210
Largeur
130
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres