(g).37.adiviñas medievais do libro de exeter.(vetera)
ANONIMO
Galicien

Synopsis (g).37.adiviñas medievais do libro de exeter.(vetera)

As adiviñas anglosaxonas contidas no Libro de Exeter son enigmas a modo de poemas relativamente breves que convidan a identificar un obxecto, un fenómeno natural, un animal ou un proceso que se describe dun modo misterioso, enigmático e xeralmente lúdico. Os enigmas anglosaxóns insérense sen ningunha dúbida na gran tradición da adiviña presente na práctica totalidade das culturas do planeta ao longo da Historia e que evidentemente segue atraendo ao ser humano. As metáforas, os símiles, os quebracabezas, as historias de detectives, todo iso ten a intención de representar as cousas dun modo distinto ao que en verdade son. Desde o enigma da esfinxe de Tebas ata os enigmas de Simposio, Adelmo ou San Isidoro, pasando polas adiviñas infantís ou os textos exipcios, hindús ou do do Corán, da Biblia, ou da mitoloxía grega, sempre tivemos textos ou inscricións onde se ocultou a natureza dos conceptos para expornos un reto que nos leve a unha solución, a varias ou a ningunha.
EAN
9788417388508
Année d'édition
2021
Obligatoire
Tapa blanda o Bolsillo
langage
Galicien
Collection
VETERA
Haute
220
Largeur
145
Otros lectores lo han calificado con
Laisse-nous ton avis
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres