Este libro, concibido como manual para as materias Sociedade, pensamento e cultura, do Grao de Educación Primaria, e Pensamento e cultura, do Grao de Educación Infantil, defende a tese de que a adquisición de coñecementos e destrezas de carácter filosófico emerxe como un piar básico da formación dos educadores do futuro, xa que proporciona as ferramentas conceptuais necesarias para desenvolver o pensamento crítico e ético nos estudantes. A filosofía fomenta a reflexión profunda sobre temas fundamentais, estimula o debate informado e promove a análise e a revisión de ideas preconcibidas. A formación filosófica fortalece a capacidade dos educadores para guiar aos estudantes na comprensión da complexidade do mundo e contribúe a cultivar cidadáns responsables e comprometidos coa procura de solucións aos desafíos contemporáneos desde unha perspectiva ética e reflexiva. Dese xeito, é crucial comprender dende un enfoque filosófico as claves que definen a cultura e a sociedade do pasado para ter unha comprensión ampla e significativa do mundo actual. A aprendizaxe da filosofía proporciona aos futuros educadores un marco teórico sólido que lles permite entender a variedade das sociedades actuais e as raíces das ideas que inflúen na formación das culturas contemporáneas. Estudar os modos cos que se pensa a realidade e que nos chegan dende a modernidade e a época contemporánea ofrece aos educadores unha ferramenta valiosa para desenvolver habilidades críticas tanto neles mesmos coma nos seus futuros estudantes, fomentando o pensamento reflexivo e a capacidade de cuestionar e analizar a información de maneira fundamentada.
-5%
Antes:10,00 €
Despois9,50 €
IVE incluído

Pensamento, sociedade e cultura. es un libro del género POLÍTICA, RELIXIÓN E FILOSOFÍA de FILOSOFÍA del autor Rubín Álvarez, Abraham editado por UNIVERSIDADE DE VIGO en el año 2024.
Pensamento, sociedade e cultura. tiene un código de ISBN 978-84-11-88009-1 y consta de 225 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Pensamento, sociedade e cultura. en formato ebook.
16,00 € 15,20 €
18,00 € 17,10 €
16,95 € 16,10 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade