https://www.imosver.com/gl/libros/musica-de-nadal-00105329950010532995Música de Nadal33.25Manuel Feijoo, o autor das partituras desta Música de Nadal, está estos días celebrando aló no Alén, logo de sentar entre os músicos do Pórtico da Gloria as bodas de ouro da data na que el, co seu Orfhttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788494/978849410079.jpgLibrosLibros/NARRATIVASin stock temporalmenteARMONIA UNIVERSAL000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788494/978849410079.jpg00105329943551.752016/05/019788494100796Feijoo, ManuelLibrosaño_2016idioma_GalegoGformato_Tapa duraautor_Feijoo, Manuelsaga_SIN COLECCION
Este tipo de cookies permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nelas existan.
imosverlaravel_session
Descrición
Esta cookie é necesaria para que o sitio web funcione e non se pode desactivar nos nosos sistemas.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descrición
Esta cookie utilízase para o correcto funcionamento do Chat de Oct8ne para prestar o servizo de atención ao cliente ao usuario.
Son aquelas que posibilitan o seguimento e análise do comportamento dos usuarios na nosa páxina. A información recollida utilízase para a medida da actividade dos usuarios na web e a elaboración de perfís de navegación dos usuarios.
_clsk
Descrición
Rexistra datos estatísticos do comportamento do visitante na web. Isto utilízase para análises internas por parte do operador da web.
Duración
1 ano
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descrición
Identifica e rexistra a sesión do usuario con fins analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descrición
Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web.
Duración
1 ano
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquelas que nos permiten adaptar a navegación na nosa páxina web ás súas preferencias (por exemplo, idioma, navegador utilizado, etc.).
_fbp
Descrición
Utilizado por Facebook para ofrecer unha serie de produtos publicitarios, como ofertas en tempo real de terceiros anunciantes.
Manuel Feijoo, o autor das partituras desta Música de Nadal, está estos días celebrando aló no Alén, logo de sentar entre os músicos do Pórtico da Gloria as bodas de ouro da data na que el, co seu Orfeón Terra a Nosa, se puxera de longo no mundo musical aquela noite do 24 de Nadal do ano 1966, cando apareceu na pantalla de rtve entrando nas ceas de Noieteboa de moitas casas e familias co agasallo das primeiras panxoliñas da súa propia man: intérpretes e composicións. Manuel Feijoo viñera facendo música sobre pentagramas secretos de moito tempo atrás. Agora, logo desta data, comezaba a romper os currunchos e agochos ocultos do seu convento franciscano e aquela riqueza persoal fíxose de goce e dominio público ó tempo que ía aumentar de vez o seu fervor, teima e obra compositivos ate contar no seu opus artístico nadaleiro con máis de 40 títulos. Este opus completo do ciclo de Nadal aparece hoxe aquí, compilado neste libro. Ó compositor e mestre Manuel Feijoo a prensa da Bretaña Francesa, logo da súa actuación no Festival Intercéltico de Lorient de 1982, chamáralle o franciscano de Galicia, e no seguinte Festival de Música Celta de Ortigueira foi alcumado o franciscano galego de Ourense polos medios da nosa terra. Logo, ou ó mesmo tempo, sempre co seu Orfeón, seguiron as xiras nacionais e internacionais do evanxelio nadaleiro feijoniano: Lisboa, Coimbra, Oporto (1982); Alemania (1973) e Austria (1979) con actuacións en Essen, Colonia, Munich e Salzburgo; París, Versalles, Amsterdam, Bruxelas (1975); Londres (1975), Roma (1975 e 1983), Arxentina, Uruguay, Chile e Venezuela (1991). Desde o primeiro día, en todo Galicia. Foi entón cando el, a súa música e a súa coral foran cosiderados nos ambientes e nos recintos dos melómanos e público en xeral como a embaixada dos cantores do Nadal. Daquela a música de Nadal de Manuel Feijoo soa e resoa no ar da Europa Central, da Europa Mediterránea, das Illas Británicas e máis aló do Atlántico. A partir de hoxe, coa publicación deste novo volume no que aparecen publicadas, amáis das súas famosas panxoliñas coa letra de Torre Enciso, moitas outras partituras pouco e menos coñecidas ou prácticamente inéditas, xa non queda o gran retablo do Nadal de Feijoo tan só nas ás do ar, senón tamén e definitivamente fixadas no seguro e ventaxoso ferro da memoria do documento público escrito e publicado.