O falar das fadas
Sánchez Rei, Xosé Manuel
Galego

Sinopse O falar das fadas

Durante cinco anos, desde novembro de 2010 até finais de 2015, o asinante destas páxinas estivo a colaborar de modo regular coa publicación dixital Terra e Tempo [...] con artigos mensais e, xa nos últimos tempos, con contributos bimensais. Vaia por diante, antes de máis, o meu agradecemento aos órgaos de xestión da antecitada revista, dependentes da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, pola oportunidade brindada e por así poder participar nunha publicación que posúe unha traxectoria de máis de corenta anos (seis na era dixital desde 2010) e que na actualidade constitúe unha referencia entre os medios de información, de comunicación e de pensamento na Galiza [...].

O presente traballo recolle, por tanto, a maior parte deses textos, que, á excepción dalgún caso, proveñen da coñecida revista. Xa nesta altura, perante a selección nun único volume, era necesario estaren dotados dun título unitario. E pensei, para iso, que o famoso nome do poema de Valentín Lamas Carvajal publicado en Saudades gallegas (1880) podía servir para tamén intitular a presente escolla, a cal asenta en tres eixos temáticos xerais: con independencia de certos artigos se centraren en asuntos como o labor do asociacionismo veciñal, a reinvindicación da figura de Alexandre Bóveda, as impresións particulares que me inspiraron determinadas vivencias etc., o certo é que a lingua, a música tradicional e os nomes de lugar do país son as cernas fundamentais do libro. Todas tres, embora pedagoxicamente poidan resultar saberes ou disciplinas doadamente delimitábeis, ilustran innúmeros puntos de confluencia, de forma que, a pesar do maior peso dos contributos focados en temas filolóxicos aquí contidos, os consagrados a aspectos da toponimia e da música galegas conseguen harmonizar con eles ao serviren como eficaz complemento e non exclusivamente ornamental: as fadas galegas, ao falaren, fano en galego, e elas propias, cando cantan, fano tamén no noso idioma; por súa vez, as montañas, os ríos, os penedos, as fontes, os lugares, os camiños e os vales, cando se fan lingua entre nós mediante a toponimia e cando se comunican coas fadas, tamén se exprimen en galego. Aí é onde aparece, pois, o verdadeiro falar das fadas, capaz de vincular a lingua, a música e a paisaxe transformada en millenta nomes.
EAN
9788499952093
Editorial
Ano de edición
2016
Páxinas
214
Encadernación
Libro
Idioma
Galego
Colección
SIN COLECCION
Alto
170
Ancho
120
Otros lectores lo han calificado con
Déixanos a túa opinión
0 opinions
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres