Sinopse O PARAUGAS NA RAIOLA E OUTROS RELATOS
Neles fumegan o gusto de Paco polo realismo máxico e o misterio, tamén a homenaxe máis ou menos explícita aos autores dos que bebe no seu quefacer literario.
Unha nova entrega na que Paco Rivas mostra a súa capacidade para construír historias desde o relato breve, do que se nos mostra como un auténtico continuador do rico legado existente na nosa literatura.
***
Deitou no lenzo pinceladas afervoadas? ardorosas? de afeites? de adobíos? E mesturou cores nun relanzo da brisa? co pincel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises? Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada?
A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares? Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza?
El era a única voz.
? Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño? dos soños? Para que poidas soñar esperto?
Durmido soña calquera.