Podes anular un pedido (total ou parcialmente) en calquera momento, e sen ningún custo, a condición de que nolo comuniques antes de que o pedido estea xa a disposición da axencia de transportes. Para iso, únicamente debes dirixirte ao apartado "Os meus pedidos" da túa CONTA, marcar os *artigos que queres anular e enviarnos a túa solicitude. Nun breve espazo de tempo, confirmarémosche a túa anulación, e procederemos ao abono do importe correspondente ao artigo anulado
Se non estás satisfeito coa túa compra, tes un prazo de 14 días hábiles (a partir da recepción do teu pedido) para devolver calquera artigo que adquirises na nosa web, (os libros non deben mostrar sinais de uso e non poden estar forrados nin escritos).
Os libros de texto, poderás devolvelos ata 15 días despois de iniciarse o curso escolar segundo a data de inicio do curso na túa comunidade. Importante: Lembra que non admitimos devolucións de libros pintados, forrados ou desprecintados.
Para proceder á devolución, é necesario que previamente nos remitas o seguinte formulario, para que coñezamos o número do pedido, o artigo a devolver, e os motivos da devolución (insatisfeito, erro no envio, defectuoso,....), farémosche chegar un impreso, para que o achegues ao teu envío, e así seranos máis sinxelo identificar a túa devolución nos nosos almacéns, e procedamos canto antes ao reembolso do teu diñeiro.
Os gastos de devolución corren ao teu cargo, salvo que a causa da devolución fose que o artigo estivese defectuoso, ou se tratase dun erro no envío. Nese caso nós asumimos os gastos do envío da devolución.
Nos libros electrónicos non se admitirá a devolución nin se reintegrará o importe.
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade