Contos de familia
Xesteira, Xosé Ángel
Galego
Galego

Sinopse Contos de familia

A cociña era o espazo íntimo, acolledor e marabilloso para a narración dos contos de familia. Alí foi onde nas tardes de inverno, sen máis distracción que a vella radio dos discos dedicados, se transmi-tiron as historias familiares e os máis novos construíron a historia coma se fora unha paisaxe feita de miles de pequenas pezas recortadas; onde se falaba de medos descoñecidos ou coñecidos, de cousas fantásticas e de cousas demasiado reais. J.A. Xesteira ofrece once daqueles contos que recupera da súa cociña familiar: as travesías das heroicas madriñas dos presos do cárcere de San Simón; os suicidios da torre do pazo, provocados por amores prohibidos; as noticias do tío arquiva-das na carta do Brasil; a chegada imprevista daquel home coa marca dos perdedores escrita no corpo; a peripecia da culler do caldo que veu da Guerra de Cubaà Un libro emocionante sobre aqueles difíciles anos da fame, escrito cos caracteres da tipografía da memoria construída no seo da familia.
EAN
9788497823760
Editorial
Páginas
128
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Coleção
NARRATIVA
Alto
145
Largura
220
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres