Sinopse Sir gawain e o cabaleiro verde
De autor descoñecido, Sir Gawain e o cabaleiro verde é un dos poemas medievais máis destacados da literatura en lingua inglesa, até o punto de fascinar ao propio J.R.R. Tolkien, quen se encargou de editar o manuscrito.
Esta edición vai precedida dunha introdución a cargo do tradutor, Jorge L. Bueno, na que se explican as peculiaridades desta obra.