VIGO, PURO MILAGRE
Bragado, Manuel
Galego
Galego

Sinopse VIGO, PURO MILAGRE

Vigo, puro milagre reúne medio cento de crónicas, escritas entre a emoción biográfica e a contención política, que ensaian unha teoría de Vigo como cidade de ferro e mel, como abella da ribeira e cidade atlántica en bisbarra, celme e cifra da Galicia contemporánea. Co formato dunha guía sentimental, afastada de tópicos e saudades localistas, estes textos afondan na procura da esencia do Vigo contemporáneo, dunha cidade orgullosamente galega, volcán de dinamismos, cidade estrépito de corazón celeste, obreira, aldeá, mariñeira, amante da ansia perdida.
Prosas viguesas polas que circulan os tranvías metropolitanos, a actividade e o bulir de comercios e mercados, os conflitos obreiros e os naufraxios, os traballos da ribeira e da ardora, a ledicia das festas tradicionais, as receitas de larpeiradas e noites sinaladas, as angueiras de barrios, parroquias e xentes humildes dunha cidade guindastre, contraditoria, capaz de facerse, desfacerse e refacerse coma espiral. Vigo, puro milagre!
EAN
9788491216124
Editorial
Ano de edição
2019
Páginas
280
Obrigatório
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Galego
Coleção
XORNALISMO
Alto
220
Largura
150
Otros lectores lo han calificado con
Deixa-nos a tua opinião
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres