Nada galego é alleo a Ricardo Carvalho Calero. Esta frase, que recollemos da que el utiliza para definir o seu admirado e querido Ramón Otero Pedraio, en artigo de homenaxe póstuma que figura nestas páxinas, apropiámola e apómosllanós a el, como cifra dos textos da súa autoría que escolmamos para dar conta -ben que mínima, significativa do inmenso labor bibliográfico que a súa obra supón nas letras galegas do século XX. Esta antoloxía así o certifica: comprende un arco temporal de cincuenta e sete anos ( 1930 a 1987) e está integrada por artigos, ensaios, estudos lingüístico-literarios, palestras, colaboracións en prensa periódica, discursos...: seis décadas de dedicación continuada á investigación, análise, interpretación, crítica e divulgación da nosa lingua e literatura, nun labor incesante que non ten parangón no seu tempo, para alén do valor, calidade e versatilidade da súa obra de creación en todos os xéneros literarios, tamén ao longo de toda a súa vida. Este volume recolle, con fidelidade textual, unha parte fundamental da súa produción, de interese para profesores, estudantes e público en xeral. Son espello dunha fondura de coñecemento, erudición, rigor documental e calidade de estilo que fan deles leitura imprescindíbel como achega basilar ao tratamento científico da nosa lingua, da nosa literatura e da cultura galega en xeral. Unha obra, en fin, que continúa a ser unha fonte ineludíbel de instrución e de sabedoría para as galegas e galegos de hoxe.
-5%
Antes:20,00 €
Después:19,00 €
IVA incluido

Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación. es un libro del género LITERATURA de ENSAYOS del autor María Pilar García Negro editado por LAIOVENTO (IBD) en el año 2019.
Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación. tiene un código de ISBN 978-84-8487-461-4 y consta de 298 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Ricardo Carvalho Calero: A ciencia ao servizo da nación. en formato ebook.
17,95 € 17,05 €
13,00 € 12,35 €
20,80 € 19,76 €
18,70 € 17,77 €
20,80 € 19,76 €
30,00 € 28,50 €
29,99 € 28,49 €
34,95 € 33,20 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....