NOVAS OPCIÓNS, NOVAS OPORTUNIDADES

No ano 2010, o forte crecemento do comercio electrónico xa era unha realidade, e comezamos a lle dar voltas á idea de crear un portal de venda de libros, ocio e regalo.  

Os principios comúns de eficacia e axilidade son aínda máis importante no E-commerce, e son a base do asentamento de portais que como IMOSVER.com contan cunha infraestrutura sólida e firme, que lles permite garantir un servizo áxil, cómodo e económico. 

E é que IMOSVER.com conta co apoio dun gran grupo de distribución, cunha dilatada experiencia no sector, e unha traxectoria ascendente, baseada na constante innovación e adaptación aos novos mercados.

 

Características de IMOSVER.com

- Dilatada experiencia: Contamos con máis de 20 anos de experiencia no sector, tanto en venda nacional coma internacional.

 

- Infraestruturas: Dispoñemos de 8000 m de instalacións, cos máis modernos medios de almacenaxe, localización e distribución.

 

- Recursos: Máis de 100 persoas.

 

- Stock: Máis de 2 000 000 de artigos nas nosas instalacións.

 

          

 

Como consecuencia de todo isto, podémoslles ofrecer aos nosos clientes o Servizo EXPRESS, de tal xeito que todos os artigos en stock son entregados nun prazo de 24 horas en España (península) e Portugal. (Entre 3-5 días no resto de países.)