O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticos galegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.
O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no bergantín pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ao escoitar o paxaro da morte; enfrontarase co can negro, co lobo branco, coa peregrina, coa zarrulada, co urco e coa pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, pozos piagos e entradas do inferno, camiños ao alén e cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá «O Ciprianillo» e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.
-5%
Antes:39,95 €
Después:37,95 €
IVA incluido
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Dicionario dos seres míticos galegos es un libro del género POLITICA, RELIGIÓN Y FILOSOFIA de MITOLOGIA Y ARQUEOLOGIA del autor Cuba, Xoán R. editado por XERAIS en el año 2022.
Dicionario dos seres míticos galegos tiene un código de ISBN 978-84-11-10072-4 y consta de 280 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Dicionario dos seres míticos galegos en formato ebook.
9,95 € 9,45 €
9,95 € 9,45 €
9,95 € 9,45 €
14,90 € 14,16 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....