Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: son persoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas as súas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o pai atormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa mai intelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E a vida tal como é, ou como era.
Coincide o tempo desta novela cunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha cultura milenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia, senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización. Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamos Francia. E o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non fai etnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.
Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digo eu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego. Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas veces pensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas a Paco Castro por escribila e darma a ler.
Darío Xohán Cabana
-5%
Antes:16,00 €
Después:15,20 €
IVA incluido

NUNHA PRESA DE TERRA es un libro del género LITERATURA del autor Paco Castro Alvaredo editado por LAIOVENTO (IBD) en el año 2015.
NUNHA PRESA DE TERRA tiene un código de ISBN 978-84-8487-283-2 y consta de 184 Páginas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de NUNHA PRESA DE TERRA en formato ebook.
21,95 € 20,85 €
15,00 € 14,25 €
40,01 € 38,01 €
10,40 € 9,88 €
30,00 € 28,50 €
11,99 € 11,39 €
29,99 € 28,49 €
¿Quieres que te contemos un secreto? 🤫 Suscríbete a nuestra newsletter y recibe las últimas novedades y promociones especiales. ¡Únete a nuestra comunidad de lectores y lectoras!
Responsable del tratamiento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: No se prevén cesiones de datos a empresas ajenas a nuestro grupo.
Derechos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición y Portabilidad.
Se puede consultar la información detallada en nuestra Política de Privacidad....