FILOSOFÍA 1º BACHARELATO
Martínez Quintanar, Miguel Ángel
Gallego

Sinopsis FILOSOFÍA 1º BACHARELATO

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia. A intención perseguida por este manual é: Satisfacer os máximos contidos establecidos no currículo, de conformidade coa LOMLOE. Contribuír a desenvolver os saberes básicos nos que incide a materia de Filosofía 1.º Bacharelato. Dar un fundamento sólido á continuidade da aprendizaxe, concretamente na materia de Historia da Filosofía de 2.º de Bacharelato. Este manual está artellado arredor dos tres saberes básicos que establece a LOMLOE, que en realidade son seis, repartidos en: A filosofía e o ser humano: 1. A reflexión filosófica arredor da propia filosofía. 2. O ser humano como suxeito e obxecto da experiencia filosófica. Coñecemento e realidade: 3. O problema filosófico do coñecemento e a verdade. 4. A cuestión da natureza última da realidade. Acción e creación: 5. A acción humana: filosofía ética e política. 6. A reflexión filosófica arredor da creación artística. Concretámolos en 8 temas por razóns didácticas e en relación coas competencias específicas que guían os criterios de avaliación. O que sería o noveno referido ás mulleres filósofas pareceunos máis acaído tratalo de xeito transversal en todos os temas. Cada tema consta de: 1. Portada ou páxina inicial de achegamento cunha obra de arte e un texto filosófico acompañado dunhas cuestións para pensar e traballar. 2. Saberes básicos ou desenvolvemento da temática por apartados, coa información imprescindible para adquirilos, organizada en varias partes correspondentes a cada saber básico. Ademais, nas marxes de todos os apartados hai textos filosóficos breves que ilustran os saberes básicos e poden ser comentados na aula ou fóra dela. Esta información complétase coa bibliografía proposta e as lecturas dos textos da Aula Virtual de Baía Edicións, que ao longo do libro veñen sinaladas co indicador Lectura [n.º]. Esta parte non pretende ser un fin en si mesmo, senón un apoio lector ao alumnado que lle permita construír a súa concepción non dogmática dos problemas e desenvolver o propio xuízo e autonomía moral. 3. A filosofía nos textos, fragmentos de textos filosóficos relevantes para ler e traballar que presentan o pensamento filosófico de autoría diversa, pero especialmente dando visibilidade ao pensamento das filósofas e puntos de vista non dominantes. 4. Actividades e Aplicacións diversas presentadas arredor de 5 modelos: Ideas e conceptos. Problemas. Filosofemas que dan para pensar. Texto. Láminas ou cadros para comentar.
EAN
9788499953984
Editorial
Año de edición
2022
Páginas
322
Idioma
Gallego
Colección
1ºBACHARELATO
Alto
270
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres