A aventura sorprendente dun homiño moi valente
Traxler, Hans
Gallego

Sinopsis A aventura sorprendente dun homiño moi valente

A aventura sorprendente dun homiño moi valente é un libro moi especial. Ten un ritmo fascinante, que fai as delicias dos lectores, e resulta tan tolo e disparatado que nos fai rir continuamente. Ademais, é un libro ideado desde unha gran imaxinación, que ás veces bota man das cousas máis absurdas para soprendernos e divertirnos. E conségueo completamente. Trátase dun libro que vai gustar moito aos nenos e nenas. Non só pola orixinalidade desbocada da historia senón tamén polas súas rimas, por veces sen sentido, que enchen o libro de ritmo e de musicalidade e facilitan a súa oralidade. Ademais, as ilustracións tamén resultan moi simpáticas, provocándonos a risa coas súas tolerías e os seus absurdos que, con todo, dentro do libro semellan a cousa máis lóxica do mundo. A aventura sorprendente dun homiño moi valente tamén é un libro estupendo para contar. E tanto pode ser ser contando nunha aula como nunha sesión de contacontos, porque é dos que enganchan o auditorio. As veces, as lecturas compartidas son aínda máis divertidas porque as risas se contaxian. Pero, logo, cada unha das nenas e dos nenos que o escoite quererá lelo de novo na súa casa, para volver a gozar das aventuras do homiño valente.
EAN
9788497825788
Editorial
Año de edición
2007
Páginas
80
Idioma
Gallego
Colección
SOPA DE LIBROS
Alto
201
Ancho
131
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres