Sinopsis A historia de Odoyno
O relato inclúe o contacto cos mais importantes personaxes da sua época, como o rei de león Ranemiro II, o bispo Rudesindo (San Rosendo), a abadesa fundadora de Guimarães, Mumadomna Didaz, e o "conde santo" de Lourenzá, Osorio Guttierriz. Tamén narra Odoyno a súa aventura amorosa cunha xoven abadesa, Onneca, probable filla de Mumadomna.
Todos estes pormenores dotan a este documento dunha importancia única, que este libro trata de ofrecer aos lectores e lectoras xunto cun amplo comentario sobre as circunstancias políticas, económicas e culturais dunha época esquecida na que a fronteira sur de Galicia limitaba co río Mondego.