https://www.imosver.com/es/libros/a-memoria-de-tui-31003700073100370007A memoria de Tui9.41Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX.Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráfihttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302911.jpgLibrosLibros/FOTOGRAFIASin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302911.jpg9.950.492002/12/199788483029114Díaz Martínez, Carlos;Cameselle, RoqueLibrosaño_2002idioma_GallegoGautor_Díaz Martínez, Carlos;Cameselle, Roquesaga_ALBUM DE POSTAIS
Este tipo de cookies permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan.
imosverlaravel_session
Descripción
Esta cookie es necesaria para que el sitio web funcione y no se pueden desactivar en nuestros sistemas
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descripción
Esta cookie se utiliza para el correcto funcionamiento del Chat de Oct8ne para prestar el servicio de atención al cliente al usuario
Son aquéllas que posibilitan el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página. La información recogida se utiliza para la medición de la actividad de los usuarios en la web y la elaboración de perfiles de navegación de los usuarios.
_clsk
Descripción
Registra datos estadísticos del comportamiento del visitante en la web. Esto se utiliza para análisis internos por el operador de la web
Duración
1 año
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descripción
Identifica y registra la sesión del usuario con fines analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripción
Registra una identificación única que se utiliza para generar datos estadísticos acerca de cómo utiliza el visitante el sitio web.
Duración
1 año
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquellas que nos permiten adaptar la navegación en nuestra página web a sus preferencias (Ej. Idioma, navegador utilizado, …etc)
_fbp
Descripción
Utilizado por Facebook para ofrecer una serie de productos publicitarios, como ofertas en tiempo real de terceros anunciantes.
Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX.Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas, tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernández (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gándara; ademais doutras achegas tiradas do Portfolio Galicia, editado en 1904, que inclúe fotos do coruñés Pedro Ferrer e dos fotógrafos Páramo e Bugarín. Outros fotógrafos que participan neste legado de memoria son os clásicos Roisin e Ksado.Atopamos, tamén, os primeiros documentos gráficos editados de Tui, datados a mediados do século XIX, ilustracións de libros e da prensa "ilustrada" realizados mediante técnicas de augafortes ou de gravados en estereotipia. Este é o caso do gravado de Joseph Skelton, unha fermosa paisaxe do Miño entre Tui e Valença, publicada nun libro inglés en 1840, ou da vista da Catedral, ou da Ponte Internacional, publicadas pola Ilustración Gallega y Asturiana en 1879 e 1880, respectivamente, evocadoras daquel Tui que fora unha das capitais do antigo Reino de Galicia e sé episcopal ata arestora.Iniciamos o percorrido coa imaxe de "O gaiteiro de Guillarei" (1903) e das vistas panorámicas da vila, da Ponte Internacional e do Miño. Continuamos cos gravados e fotografías da Catedral e dos seus tesouros; coas instantáneas da vida cidadá na Corredoira, no paseo de Elduayen, na Glorieta e na Alameda, na Praza da Inmaculada; nos arrabalde de San Domingos e da Canicouba. O volume complétase, nas súas páxinas finais, con postais do río Louro, e dos muíños e do traballo aldeán de Caldelas de Tui.O material gráfico de A memoria de Tui vai precedido por unha evocación literaria da vila, preparada por Roque Cameselle. Un texto rico e moi documentado que constitúe unha viaxe paralela pola memoria da cidade.