A memoria de Vilagarcía

A memoria de Vilagarcía

Díaz Martínez, Carlos/García Seixas, Manuel
Gallego

Sinopsis A memoria de Vilagarcía

O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no período de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola ría) e do vigoroso turismo do momento centrado no Balneario e nas praias. O presente volume demostra que a Vilagarcía daqueles tempos tiña un lugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madrid ou Barcelona; o gran esforzo de producción que neste eido fixeron fotógrafos e editores locais; así como tamén a importancia da cidade que se reflectía nas postais editadas por empresas de París, Irún ou Berlín. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto de Vilagarcía a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe (inicio do turismo de "cruceiro") ou de emigrantes, así como a calidade de "porto refuxio" da ría de Arousa para as flotas de guerra (en particular da armada Inglesa). Iníciase o volume coa reproducción do "Plano da Ría de Arousa", realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravado do palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario, "Vilagarcía, eterna lembranza", onde o escritor vilagarcián Manuel Seixas, evoca a súa Vilagarcía antiga e sempre eterna na memoria, para dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dende a ría ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita pola Vilagarcía tradicional: a casa do Concello e os xardíns de Ravella, a Alameda, a Porta do Sol...son espacios que se recuperan para a memoria no presente volume.
EAN
9788497820073
Editorial
Año de edición
2003
Páginas
120
Idioma
Gallego
Colección
ALBUM DE POSTAIS
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres