Sinopsis ANNUS HORRIBULIS E OUTROS MUSICAIS
unha fórmula de teatro musical dificilmente clasificable.
As tribulacións da familia real británica son trasladadas a Galicia para escenificar intrigas cortesás, romances ilexítimos e loitas entre dúas liñas dinásticas enfrontadas: os Tamara vs. os Cunters.
Dende o bel canto ou swing, ata a zarzuela ou o music-hall, pasando polo xénero da revista e o jazz, o romanticismo e o heavy metal, este espectáculo fai un amplo e variado percorrido polos estilos musicais máis populares dos últimos séculos.