ARQUITECTURAS DEBUXADAS
CATALÁN TOBÍA, SANTIAGO
Gallego
Gallego

Sinopsis ARQUITECTURAS DEBUXADAS

O arquitecto Santiago Catalán ofrece neste libro un itinerario visual inédito sobre a cidade de Lugo. Arquitecturas debuxadas polo autor con asombrosa fidelidade a algúns dos espazos e das edificacións emblemáticas da cidade bimilenaria, como a catedral, a casa do Concello, a praza do campo e a muralla. Unha obra que, ademais, homenaxea a Juan Álvarez de Mendoza, Luis Bellido, Nemesio Cobreros, Eloy Maquieira ou Alfredo Vila, arquitectos que deseñaron a cidade e renovaron o seu urbanismo no último século.
En palabras de Paco Martín, "Santiago Catalán, nesta obra, que non dubido en cualificar de substancial para o coñecemento da nosa cidade, descorre coa mao sensible do artista a cortina que gardaba da nosa vista moito diso que cada día miramos pero que non sempre vemos". "Arquitecturas debuxadas vén achaiar o camiño do viaxeiro interesado despechándolle portas á curiosidade intelixente, a encher de arte e coñecemento ese espazo que o costume e a rutina foron baleirando na sabenza dos lugueses". Un libro que Santiago Jaureguizar cualifica como "celebración das porcións de Lugo, æque adscribe' á Cidade Eterna", engadindo que "o vademécum de Catalán é o inventario que o noso sandador nos lega para indicarnos a arquitectura luguesa que debemos preservar".
EAN
9788491211204
Editorial
Año de edición
2016
Páginas
160
Encuadernación
Tapa dura
Idioma
Gallego
Colección
EDICIóNS SINGULARES GRANDES OBRAS
Alto
295
Ancho
225
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres