Primeras páginas
Sinopsis AS COUSAS QUE NON QUEREMOS OíR
" As cousas que non queremos oír " explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.
Nesta nova entrega do " Ciclo dos elementos " , Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de " En vías de extinción " , " A música dos seres vivos " e " Dende o conflito " , " As cousas que non queremos oír " transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.