https://www.imosver.com/es/libros/atuado-na-brana-31003901203100390120Atuado na braña24.65Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302770.jpgLibrosLibros/LITERATURA CLASICAEn stockXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302770.jpgCIM0069686CIM00336890010380436001030296425.9551.32002/03/019788483027707Quiroga, XabierLibrosaño_2002idioma_GallegoGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_Quiroga, Xabiersaga_NARRATIVA
Este tipo de cookies permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan.
imosverlaravel_session
Descripción
Esta cookie es necesaria para que el sitio web funcione y no se pueden desactivar en nuestros sistemas
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descripción
Esta cookie se utiliza para el correcto funcionamiento del Chat de Oct8ne para prestar el servicio de atención al cliente al usuario
Son aquéllas que posibilitan el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página. La información recogida se utiliza para la medición de la actividad de los usuarios en la web y la elaboración de perfiles de navegación de los usuarios.
_clsk
Descripción
Registra datos estadísticos del comportamiento del visitante en la web. Esto se utiliza para análisis internos por el operador de la web
Duración
1 año
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descripción
Identifica y registra la sesión del usuario con fines analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripción
Registra una identificación única que se utiliza para generar datos estadísticos acerca de cómo utiliza el visitante el sitio web.
Duración
1 año
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquellas que nos permiten adaptar la navegación en nuestra página web a sus preferencias (Ej. Idioma, navegador utilizado, …etc)
_fbp
Descripción
Utilizado por Facebook para ofrecer una serie de productos publicitarios, como ofertas en tiempo real de terceros anunciantes.
Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonada cara ás súas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuás, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúas rapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro poñerá en risco a súa propia vida e suporá reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, aínda segue aberta. A represión militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguía aos últimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacábel e feroz persecución que non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando, levarán, nunha narración cargada de intriga, á descuberta duns froitos que só a porfía dun home capaz de enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar.O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosísima e engaiolante, reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen é, sobre o que sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque poida sucumbir e perder todo aquilo que posúe. Novela longa á vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata a última das súas 628 páxinas, aborda outros temas de actualidade: a corrupción política e empresarial, os modelos de uso do idioma, as relacións interpersoais de amizade e de parella, o pensamento mítico, ou as formas de vida tradicionais no mundo rural galego. Atuado na braña é unha historia do presente que, coa mestría dunha trama inzada de paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado para encarar a procura da identidade.