Blues para Moraima
Fernández, Miguel Anxo
Gallego

Sinopsis Blues para Moraima

Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar a vida tras unha fuxida á desesperada. Co seu regreso, tensións políticas e vellas historias da guerra do 36 volven ao presente. Mais tamén volve a lembranza dos amores perdidos naqueles días de terror. Sen sospeitalo, o xornalista da televisión que o animara a regresar para reivindicar a súa obra cinematográfica terase que enfrontar ás temibles e violentas consecuencias de desenterrar un pasado negado e maldito.
Combinando memoria histórica, elementos de thriller policial e unha homenaxe ao cinema político, Miguel Anxo Fernández logra con "Blues para Moraima", Premio Blanco-Amor 2016, unha das súas obras literarias máis ambiciosas. Unha novela de grande axilidade e unha intriga que apreixa a persoa lectora.
EAN
9788491510499
Editorial
Año de edición
2017
Páginas
260
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallego
nº colección
359
Colección
LITERARIA
Alto
210
Ancho
135
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres