Camiño norte III:Asturias-Galicia
VV.AA.
Gallego

Sinopsis Camiño norte III:Asturias-Galicia

"Grande Obra dos Camiños de Santiago. Iter Stellarum nace co fin de analizar e mostrar de forma global todas as rutas existentes que percorren os peregrinos ata chegar á cidade de Santiago de Compostela, lugar no que se veneran as reliquias do apóstolo Santiago o Maior. O paso dos peregrinos deixou unha profunda pegada de espiritualidade, arte, historia e cosmopolitismo ao longo dese entramado de rutas que son os Camiños a Santiago: desde o Camiño Francés (sen dúbida o itinerario de referencia) ata a Vía da Prata (a segunda gran ruta no tocante á presenza de peregrinos), pasando polo Camiño Portugués, o Primitivo, o Norte, o Inglés, ademais da ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, para acabar no Camiño de Fisterra-Muxía (a senda á antiga "fin da terra"). Así pois a tumba do Apóstolo desempeñou un papel integrador único, transformándose en forza catalizadora dun influxo cultural de enorme transcendencia grazas á confluencia dunha fascinante mestura de historia, raíces, tradición e modernidade. Hoxe en día os Camiños de Santiago son un referente para o mundo enteiro, non en van convertéronse no maior sinal de identidade cultural de Galicia."
EAN
9788492715626
Año de edición
2008
Páginas
400
Encuadernación
Libro
Idioma
Gallego
Colección
GRANDE OBRA CAMIÑOS SANTIAGO
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres