Campos de Cuba (Galego)
Jaraba, Fran
Gallego
Gallego

Sinopsis Campos de Cuba (Galego)

Tras "Cita na Habana", o libro de cómic onde Fran Jaraba deu a coñecer o personaxe de Maxi Torres, aparece "Campos de Cuba", álbum onde se narran novos episodios do alzamento independentista cubano de febreiro de 1897. Daquela o goberno español enviara case douscentos mil soldados á illa de Cuba para intentar sufocar a rebelión independentista. Un deles é o compostelán Maxi Torres, estudante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota, segundo a súa propia definición. A estes títulos engádese agora o de desertor. Maxi vive na Habana baixo unha falsa identidade. No comezo desta aventura é capturado polos seus antigos compañeiros de exército e levado á fortaleza do Morro, onde está a agardalo un consello de guerra con trámite previo a un máis que probable fusilamento. Pero Maxi vaise rebelar contra o seu destinoà cunha pequena axuda dos seus amigos. Tamén entrará en contacto con Chinito, un xefe mambí que anda argallando unha importante operación que pretende cambiar o curso da guerra. Ao remate, vai ser Maxi quen intente cambiar o curso da operación de Chinito.Campos de Cuba é, pois, a segunda entrega da serie que Fran Jaraba iniciara en 2000 con "Cita na Habana". Froito de catro anos de demorado e conciezudo traballo este novo libro de cómic supón a consolidación definitiva desta serie de Jaraba como a máis importante das publicadas ata hoxe en lingua galega.
EAN
9788497821834
Editorial
Año de edición
2004
Páginas
56
Encuadernación
Tapa dura
Idioma
Gallego
Colección
SIN COLECCION
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres