- Libros
- INFANTIL Y JUVENIL
- CONTOS E LENDAS ARRAIANOS
- Libros
- INFANTIL Y JUVENIL
- CONTOS E LENDAS ARRAIANOS
Primeras páginas
Sinopsis CONTOS E LENDAS ARRAIANOS
Coa desaparición da sociedade campesiña tradicional e os seus modos de vida pérdese tamén a requintada arte do conto que se transmite de palabra, pois desaparecen os escenarios onde se producía a súa transmisión activa.
Nesta obra, José Rodríguez Cruz recolle materiais narrativos diversos (contos, relatos e lendas) da tradición oral popular no territorio suroriental galego, nos concellos da Gudiña, A Mezquita e os seus arredores, na raia galego-trasmontana e na veciñanza das terras de Viana do Bolo.
Organizada tematicamente, esta colección de narracións, froito dun demorado traballo de campo, salva do esquecemento os vestixios da antiga tradición dos contos populares, parte inseparable da identidade cultural galega.