Sinopsis Diálogos de mortos. Diálogos mariños
Nos 'Diálogos mariños' os interlocutores son divindades vencelladas coas augas, ninfas, ríos, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de maneira cómica. Céntranse case todos nas súas aventuras amorosas, destacando os aspectos máis ridículos, pero en ton amable e lixeiro, sen crítica, simplemente como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que só pretende arrincar un sorriso.