Do estigma á estima
Formoso Gosende, Valentina
Gallego
Gallego

Sinopsis Do estigma á estima

Valentina Formoso, autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas. Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente. Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular as perspectivas de actuación no ensino, así como certos enfoques na planificación, promoción e normalización do galego, e recolle varias propostas sobre novos discursos e estratexias.
EAN
9788499144535
Editorial
Año de edición
2013
Páginas
320
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallego
Colección
CRÓNICA
Alto
220
Ancho
145
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres