Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)
Vázquez Lijó, José Manuel
Gallego
Gallego

Sinopsis Donos de seu: Loitas, arelas e froitos da xente de mar do Porto do Son (1580-1830)

Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquela un porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridades municipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios de subsistencia. Este colectivo logrou manter o dereito a redar cos aparellos que desde antigo viñan empregando para aproveitarse do «pasto común» da ría. A falta dun depósito de sal e de embarcacións de cabotaxe, e os atrancos postos polas autoridades xurisdiccionais ao comercio da súa produción pesqueira, explican a especialización dos sonenses na captura de pixotas e a consolidación dun nutrido grupo de arrieiros de peixe seco.
No século XVIII os sonenses, agremiados e donos de seu, cun espazo vital e devocional (a capela de Atalaia) ben diferenciado do frecuentado polos labradores das aldeas de Noal, tamén foron quen de acadar da Coroa un alfolín e unha feira mensual que activou o comercio na localidade. Os xeiteiros e volanteiros do Son resistiron a expansión das xávegas, introducidas polos fomentadores, mentres na súa ribeira se localizou unha efémera empresa de curación de peixes para competir co bacallau estranxeiro.
EAN
9788491216230
Editorial
Año de edición
2019
Páginas
256
Encuadernación
Tapa dura
Idioma
Gallego
Colección
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS
Alto
240
Ancho
165
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres