Dos Delitos E Das Penas (Cesare Beccaria)
Beccaria, Cesare
Gallego

Sinopsis Dos Delitos E Das Penas (Cesare Beccaria)

Dos delitos e das penas publicouse orixinalmente en 1764 como obra dobremente anónima, xa que non constaba nesa primeira edición nin o nome do autor nin o do editor. Así mesmo, esta edición orixinal, que era por certo moi deficiente, non levaba a división en capítulos numerados que hoxe presenta; levaba soamente títulos marxinais. Con todo, o seu éxito foi fulminante: antes do final do verán dese ano xa estaba esgotada a edición. Nun mes vendéronse máis de 500 exemplares e comezando setembro xa se falaba da obra en Milán. O lector atopaba sorprendido nun libro tan pequeno unha enorme cantidade de cuestións, de ideas, que desmontaban por completo as bases do sistema penal, pero que ademais, poñían os fundamentos para a construción dun sistema novo. Dos delitos e das penas é un libro de ruptura coa tradición, un libro contra os prexuizos de séculos, contra a tiranía do costume, que é o lexislador máis común das nacións, contra a resistencia ante as ideas novas, contra a obediencia acrítica aos principios recibidos.
EAN
9788498876550
Año de edición
2011
Páginas
180
Encuadernación
Tapa dura
Idioma
Gallego
Colección
PENSAMIENTO UNIVERSAL
Alto
240
Ancho
150
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres