GALICIAPLANISMO CANIBAL
REIXA, ANTON
Gallego
preventa

Sinopsis GALICIAPLANISMO CANIBAL

Unha nova ollada ao universo poético de Antón Reixa, onde se cruzan a perplexidade, o escepticismo e a fascinación polo país. En Galiciaplanismo Caníbal, Antón Reixa ratifica o seu universo de perplexidades, dúbidas e escepticismo sobre a existencia e a sobrevivencia na rutina cotiá. Directa ou indirectamente, Reixa asume a súa propia e reiterada fascinación polo país como obsesión antropolóxico-artística e fonte de contradicións, ambigüidades e paradoxos. Será ese galiciaplanismo a clave dun xeito universalista e diverso de ver o mundo desde Galicia ou unha superstición de entender Galicia como unha realidade plana e unívoca Nas presentacións do libro, Reixa ofrecerá, acompañado do músico Nuno Pico (Grande Amore), un avance do show homónimo que preparan conxuntamente e que se plasmará en concertos e recitais, así como en gravacións de audio e vídeopodcasts. A colaboracióndeste artista interdisciplinar con Nuno, un dos representantes máis sobranceiros da actual e nova escena musical galega, permitiralle compartir e unir poemas, vídeos e cancións.
EAN
9788419213624
Año de edición
2026
Páginas
72
Idioma
Gallego
Colección
RIZOMAS
Alto
235
Ancho
150
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres