https://www.imosver.com/es/libros/ganga-31003901163100390116Ganga15.82Ganga, a última achega narrativa de Antón Lopo, ten un dono e señor que é o propio Ganga, un protagonista ácrata e excesivo que conduce ao lector a unha aventura sen retorno. Ganga, un gordecho psicothttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302724.jpgLibrosLibros/LITERATURA CLASICASin stock temporalmenteXERAIS000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788483/978848302724.jpg001056842700104902130010423497001041062516.6550.832001/12/269788483027240Lopo, AntónLibrosaño_2001idioma_GallegoGautor_Lopo, Antónsaga_NARRATIVA
Este tipo de cookies permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan.
imosverlaravel_session
Descripción
Esta cookie es necesaria para que el sitio web funcione y no se pueden desactivar en nuestros sistemas
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descripción
Esta cookie se utiliza para el correcto funcionamiento del Chat de Oct8ne para prestar el servicio de atención al cliente al usuario
Son aquéllas que posibilitan el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página. La información recogida se utiliza para la medición de la actividad de los usuarios en la web y la elaboración de perfiles de navegación de los usuarios.
_clsk
Descripción
Registra datos estadísticos del comportamiento del visitante en la web. Esto se utiliza para análisis internos por el operador de la web
Duración
1 año
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descripción
Identifica y registra la sesión del usuario con fines analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripción
Registra una identificación única que se utiliza para generar datos estadísticos acerca de cómo utiliza el visitante el sitio web.
Duración
1 año
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquellas que nos permiten adaptar la navegación en nuestra página web a sus preferencias (Ej. Idioma, navegador utilizado, …etc)
_fbp
Descripción
Utilizado por Facebook para ofrecer una serie de productos publicitarios, como ofertas en tiempo real de terceros anunciantes.
Ganga, a última achega narrativa de Antón Lopo, ten un dono e señor que é o propio Ganga, un protagonista ácrata e excesivo que conduce ao lector a unha aventura sen retorno. Ganga, un gordecho psicotropicómano de cento vinte quilos, enleado nunha trama de narcotraficantes e comunidades secretas de intelixencia que procuran a felicidade perpetua, emprende unha viaxe na procura do amor e da morte que o levará dende a súa Compostela, ao Hío, a Barcelona, a Compostela, de novo, e logo á India. Ganga viaxa para deixar atrás o seu pasado, buscando sempre o amor e o coñecemento da verdade, que se agacha tralas máscaras dos seus seres máis próximos.Ganga é unha novela nómade, á que só se lle recoñecen ancoraxes xeográficas, porque a súa trama trepidante conduce a unha festa de xéneros, a unha itinerancia de rexistros por vieiros fragmentarios e paralelos. En Ganga todo é múltiple, aberto e posible, e por iso os traficantes de eternidade ou as comunidades secretas de intelixencia poden convivir no seu celme fantástico, con estructuras literarias propias do melodrama, da ciencia ficción, do xénero fantástico ou da road movie.Novela de personaxe, -a suor de Ganga, o seu peso formidable, as súas alucinacións cheas de sentido enchoupan todo o volume-, Ganga ergue unha caste de estoicismo sereno que, nun constante cuestionamento da súa identidade, permítelle ao narrador ofertar un galano de poética neutralidade. O autor amosa o mundo como o ve, sen impoñer xuízos morais, rexeitando dogmas e imposicións, convencido de que a única forma de aprehender o mundo é non interferindo no que narra. En Ganga, onde aparece un amplo ronsel de personaxes secundarios, responsables en ocasións das teses e reflexións sobre o amor, o sexo ou a propiedade, flúen tamén as claves dunha mitoloxía contemporánea que Antón Lopo dispuxo nunha sorte de irónica espiral, un combate de mundos paralelos que non revelará as súas razóns e o seu sentido ata practicamente a fin do texto.