HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO
David Conde
Gallego

Sinopsis HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO

HAI SANTOS QUE NON QUEREN IR AO CEO.
Parte I: de cans e lobos
A principios do século XIV, os cátaros parecían definitivamente eliminados. A herexía que socavara as cimentacións da igrexa católica por fin fora erradicada, logo de dous séculos de desapiadada cruzada. Porén, os altos cumios dos Pirineos son demasiado inaccesibles, mesmo para os predicadores do papa. Alí, os habitantes da pequena aldea de Montaillou mantéñense fieis á doutrina dos chamados homes bos, unha especie de sacerdotes que, na clandestinidade, difunden a herexía pola rexión. Mais nunca foi a igrexa amiga de mirar para outro lado.

Tres personaxes (unha nobre castelá, un humilde pastor e un membro
da Inquisición) achégannos a súa visión sobre o enfrontamento final
entre dúas formas de rezar, entre dous xeitos de vivir. Ao cabo das súas
vidas, as lembranzas flúen e espertan a nostalxia dun tempo en que puxeron a súa prezada liberdade por enriba daquilo que outras xentes, outros homes, decidiran que tiñan a obriga de ser.
EAN
9788484873211
Páginas
316
Idioma
Gallego
Colección
NARRATIVA
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres