Inmigración e acción educativa en Galicia
Santos Rego, Miguel Anxo/Lorenzo Moledo, María do Mar
Gallego

Sinopsis Inmigración e acción educativa en Galicia

O tema da inmigración converteuse nos últimos tempos nun dos eixes sobre os que xira boa parte do discurso social, ata o punto de ser recoñecido como hiperxénero. Trátase dunha cuestión complexa, con grande calado ético, cognitivo e afectivo, e dunha considerable heteroxeneidade polos referentes comunicativos que implica, tanto no plano político-económico como, de xeito particularmente crítico, na órbita cultural. O presente volume, preparado polos profesores Miguel Anxo Santos Rego e María do Mar Lorenzo Moledo, é pioneiro no escrutinio socioeducativo do fenómeno da inmigración en Galicia, un país aínda de emigrantes, e pretende coñecer e dispor o que sexa necesario para que a inmigración que chega teña na escola, e no sistema educativo en xeral, o lugar que lle corresponde en xustiza. Un libro, froito dunha investigación ampla e rigorosa, que ten como obxecto facer unha aproximación ordenada a un vínculo, o que se dá entre inmigración e educación en Galicia, de grande potencia para un futuro de convivencia e progreso compartidos na perspectiva dunha Europa interesada por alcanzar unha cidadanía intercultural. Convencidos os autores de que a inmigración continuará a ser un formidable vector de cambio no mundo, este volume abre un fecundo camiño para que os educadores participen con razóns e argumentos sólidos, nesa dinámica aberta de maior diálogo e compromiso interdisciplinar sobre unha das cuestións máis relevantes da realidade social do noso tempo.
EAN
9788497820417
Editorial
Año de edición
2003
Páginas
280
Idioma
Gallego
Colección
UNIVERSITARIA
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres