Linda á espreita
Steffensmeier, Alexander
Gallego

Sinopsis Linda á espreita

Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo. No entanto, haberá alguén ao seu carón que o axudará. Linda á espreita de Alexander Steffensmeier é un fascinante álbum ilustrado sobre unha vaca á espreita, un carteiro perseguido e unha granxeira que só quere recibir, por fin, un paquete san. Linda á espreita é a primeira entrega desta serie protagonizada por esta simpática vaca.Composta, ata o momento, por tres títulos, foi un éxito de vendas en Alemaña dende a súa aparición en 2006. En torno a esta serie lévanse publicados libros para colorear, libros de cociña para nenos e diversos produtos de merchandising.
EAN
9788499140636
Editorial
Año de edición
2010
Páginas
32
Idioma
Gallego
Colección
SIN COLECCION
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres