Magog
González Lorenzo, Dolores
Gallego
Gallego

Sinopsis Magog

Magog contribúe de xeito decisivo, mediante unha sabia mestura de ficción literaria e documentación rigorosa, á reconstrucción da historia do antigo reino de Galicia. ten o acerto esta novela da creación dun personaxe, Xofré de Salvamont, que no inicio do relato preséntase como o fillo máis pequeno, con só catorce anos de Guillaume de Salvamont, da ilustre casa de Borgoña. Transcorre o ano do Señor 1105 e Xofré acode á badía de Cluny para ser recibido polo abade Hugo de Borgoña, tío do seu pai e Gran Prior da orde benedictina, encargado da súa educación e preparación para a vida propia do mundo feudal. A partir de aí asistimos a un áxil percorrido narrativo, que é camiño de iniciación e busca de identidade por parte de Xofré e, ó mesmo tempo a forma de desvelar un mundo medieval que se conforma nun auténtico cachón de personaxes históricos: Urraca, García, Sancho, Ramón de Beçançon, Ramiro, o Conde de Traba, Diego Xelmírez e un longo etcétera que a autora fai aboiar coa maior espontaneidade.
EAN
9788483021903
Editorial
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallego
Colección
NARRATIVA
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres