Sinopsis Manipulador de alimentos
O manipulador de alimentos pode influír decisivamente na saúde dos consumidores. Así mesmo, pode provocar unha contaminación dos alimentos que manexa, motivada por unhas prácticas de manipulación incorrectas ou debido a unha falta de hixiene, xa sexa persoal, dos utensilios, superficies, equipos, etc.
Neste material didáctico móstranse os contidos necesarios para a formación de calquera manipulador de alimentos.
Ideaspropias Editorial preséntalle este manual co fin de proporcionarlles aos manipuladores de alimentos unhas normas básicas sobre as correctas prácticas hixiénicas de manipulación e para facelos partícipes da importancia dun manexo seguro dos alimentos.